Cargando Eventos

« Todos los Eventos

XII Concurso Galego de Composición

1 julio - 30 septiembre

2. Participación

  1. Poderán concorrer compositores/as sen limitación de idade ou procedencia, con cantas composicións como desexen.
  2. As composicións deberán ser orixinais e inéditas, versarán sobre temática galega e farán alusión no seu título a aspectos da cultura galega (historia, monumentos, xeografía, tradicións, etc.) libremente elixidos polo autor.
  3. As composicións terán total liberdade creativa, permitíndose calquera tipo de estética (neoclásica, neorromántica, minimalismo, nova complexidade, etc.).
  4. Os instrumentos irán designados (polo menos) en galego, segundo os cadros do apartado 3.
  5. O prazo de inscrición comezará o día 1 de xullo e rematará o día 30 de setembro de 2019.

3. Tipoloxía das obras

Establécense as seguintes categorías

  1. Infantil

    1. Duración da peza: 5 ± 2 minutos.
    2. Dificultade: até grao 2.
  1. Xuvenil

    1. Duración da peza: 8 ± 2 minutos.
    2. Dificultade: de grao 2 a grao 3.
  1. Terceira

    1. Duración da peza: 10 ± 2 minutos.
    2. Dificultade: de grao 3 a grao 4.
  1. Segunda

    1. Duración da peza: 12 ± 2 minutos.
    2. Dificultade: sen límite de grao.
  1. Primeira

    1. Duración da peza: 15 ± 2 minutos.
    2. Dificultade: sen límite de grao.

5. Inscricións

  1. A documentación deberá ser entregada con acuse de recibo, ou remitida por correo certificado, sen alusión do remitente, á sede da Federación:
    Rúa das Salvadas, 2 A. 15705 Santiago de Compostela, A Coruña.
  2. As obras presentaranse en papel, nun sobre pechado no que irá a seguinte documentación:
    1. Tres copias debidamente encadernadas e perfectamente lexibles da partitura do director baixo o lema «XII Concurso de Composición» xunto coa categoría á que se presenta.
    2. Unha copia en arquivo dixital (formato PDF), xerada mediante un programa de notación musical
    3. Un audio xerado informaticamente.
    4. Opcionalmente, poderanse incluír as partes de todos os instrumentos.
    5. Outro sobre pechado onde aparecerán lema e título da obra. Conterá no seu interior os seguintes datos: datos do autor, teléfono e correo electrónico de contacto e unha declaración asinada que acredite que a obra presentada é orixinal do autor, non foi premiada noutro concurso, editada nin estreada co título actual ou calquera outro, así como a aceptación das presentes bases de conformidade co Boletín de Inscrición, que figura como anexo ás presentes bases.
  3. As partituras entregadas non poderán presentar inscricións, signos ou textos que poidan suxerir o nome do autor. Porén, deberase entregar a partitura xeral sen portada, agradecementos e demais información non musical.
  4. Será tida en conta a presentación e acabado das partituras entregadas (encadernación, maquetación…). A fonte empregada deberá ser perfectamente lexible e as indicacións de fraseo, dinámicas e articulación colocaranse de forma clara.
  5. No caso de que, con posterioridade á presentación da obra, e antes do veredicto do xurado, a obra resultase gañadora noutro concurso, o participante deberá comunicalo de inmediato á Organización.
  6. Os concursantes que incumpran o anterior, así como aqueles que quebranten o anonimato, quedarán inmediatamente excluídos.

6. Premios

  1. De acordo co criterio do xurado, concederanse os seguintes premios:
    1. Sección infantil: o premio estará dotado con 1000 euros, diploma acreditativo e edición da obra.
    2. Seccións xuvenil, terceira e segunda: o premio estará dotado con 1500 euros, diploma acreditativo e edición da obra.
    3. Sección primeira: o premio estará dotado con 2000 euros, diploma acreditativo e edición da obra.
  2. Establécese a posibilidade de designar un finalista que, segundo o criterio do xurado, mereza tal recoñecemento. Este premio estará dotado con:
    1. Sección terceira: 500 euros, diploma acreditativo e edición da obra.
    2. Sección segunda: 500 euros, diploma acreditativo e edición da obra.
    3. Sección primeira: 800 euros, diploma acreditativo e edición da obra.

Bases Completas

Detalles

Comienza:
1 julio
Finaliza:
30 septiembre
Categorías del Evento:
,
Evento etiquetas:
,

Organizador

Federación Galega de Bandas de Música Populares
Teléfono:
981 59 18 95
Página Web:
bandas.gal/

Detalles

Comienza:
1 julio
Finaliza:
30 septiembre
Categorías del Evento:
,
Evento etiquetas:
,

Organizador

Federación Galega de Bandas de Música Populares
Teléfono:
981 59 18 95
Página Web:
bandas.gal/