O próximo luns 17 de xaneiro abrirase ata o 11 de febreiro o prazo de presentación de candidaturas para profesionais no eido da dirección musical.
Os candidatos seleccionados interpretarán unha serie de obras obrigadas e outras de libre elección durante o concurso, que terá lugar do 15 ao 18 de marzo no Auditorio de Galicia.
Concello de Santiago, 15/01/2022
A Banda Municipal de Música de Santiago de Compostela, co soporte institucional do Concello de Santiago de Compostela dende a Concellería de Acción Cultural, lanza o I Concurso de Dirección da BMSC co obxectivo de crear novas oportunidades para os profesionais deste ámbito.
As persoas interesadas poderán inscribirse entre o 17 de xaneiro e o 11 de febrero na competición, cuxa lista de seleccionados será publicada o 15 de febreiro. Do 15 ao 18 de marzo celebrarase o certame, no que cada un dos candidatos terán que interpretar o repertorio escollido así como unha serie de obras predefinidas polo concurso.
A persoa que se faga co primeiro premio obterá, ademais do correspondente diploma, un recompensa económica de 1.000 euros e a posibilidade de participar como director convidado da BMSC.